A historia de Sandra Insua Rial

Nacin en Suiza de pais emigrantes, nunha familia muy muy humilde, con tan solo 6 meses quedei en Tufions con meus abuelos maternos, 14 meses despois, nace meu irman, que quedou con meus abuelos tamen, e nos criamos siempre xuntos.

Ata os 14 anos vivin en Tufions, muy feliz, o terminar o curso escolar iba para Suiza hasta o sábado da Barca que volvia para empezar o curso. Meus abuelos inculcáronnos siempre moitisimos valores: respecto, educación, axudar o máis necesitado,  o amor a meus país ainda que non estuveran con nos. 

Miña abuela tamén me inculcou o amor a Ponte do Porto, encantaballe ir os domingos da feira, comprar os libros na librería de Nondita, facer os bocadillos na casa de Benedicta do Caion…  baixábamos andando, non tiñamos coche na casa, e pasábamos a semana de San Pedro no Sixto na casa de tio Manolo ( o crioso), pasado o tempo meus país compran un solar na Ponte e ali nos trasladamos a vivir os 14 anos. 

Estudiei bachillerato nun Instituto público na Coruña, ( Instituto Zalaeta), o terminar COU estudio a Licenciatura de Dereito na Universidade da Coruña.

Os 25 anos caso co meu mozo de toda a vida, fillo tamén de emigrantes en Suiza e criado tamén na casa de sua abuela en Tufións ( jajaja).

Os 24 anos, antes de casarme, Bautista e Salvador pedíronme ir de numero 16 pechando a lista que encabezaba por aquel entonces Bautista, foron as eleccións do 6-6-1. Catro anos despois, xa casada e coa carreira terminada, Bautista e Salvador, volven a pedirme que os acompañara nas listas de numero 3 pola Ponte do Porto, non o dudei nin un solo momento, e siempre co apoyo total do meu home trasladámonos a vivir a Camariñas. Ali montamos o hotel “O Parranda”, á vez que eu traballo xa como tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Deporte por primeira vez con dedicación exclusiva.

Pasan os anos e Bautista sofre un infarto, que o fai apartarse de baixa casi un ano, asumo a alcaldía por primeira vez, (tembláronme as pernas a primeira vez que tiven que presidir un pleno, convocado a instancia do PP para preguntar polo estado do PXOM ).

Bautista decide non presentarse, e Pichurri da un paso ao frente. Por aquel entonces, a miña ansia non era outra que a de ter familia. Acompaño a Pichurri novamente de numero 3 e o resultado foi impresionante: 8 concelleiros para os Socialistas de Camariñas cun apoio aplastante da gran maioría de cidadáns do concello que nos permitíu levar a cabo grandes proxectos.

Aos 31 anos consigo ter o regalo máis grande que me deu a vida a miña Saray, tras os catro meses de baixa, comezo outra vez a traballar con máis ansia que nunca para luchar por un Concello, no que a miña filla, camariñana ou porteña, dependendo de quen lle pregunte ( jajajaja) poda vivir mellor.

Dous anos despois, e despois de todo o que sufrin para ter Saray, nace Iago, sen dúbida unha SORPRESA en maiúsculas porque colmou de felicidade a todos da familia.

Hoxe Iago e Saray, como tantos outros nenos e nenas do Concello de Camariñas, desfrutan das Escolas Municipais de gaita, iudo, baile gallego, xogan o balonman, o fútbol e estudan no Colexio Público da Ponte do Porto (o mesmo ao que fomos os seus pais). Son felices, desfrutan das mesmas comodidades que calquera neno que viva nas grandes cidades.

Seguen pasando os anos e aquí estou, candidata a alcaldía do Concello de Camariñas. Un Concello e uns veciños cos que estarei toda a miña vida en deuda, pase o que pasa o próximo 26 de Mayo, xamáis olvidarei o que este concello e as súas xentes me ofreceron. Espero ter a oportunidade de devolverlles a todos unha parte de todo canto me deron.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn