12 votes

Tema:lonja

En particular creo que nom estaría mal, como centro de formación marítimo, pesquera. E ser un referente na costa da morte en formación.

12 votes

Control de animais

Estaría ben que, coma noutros concellos, se controlasen os animais “da calle”.
– Ter un lugar onde refuxiar os cans que levan días vagando polas rúas, ata que se atope aos donos ou donas.
– Controlar os “criadeiros” de gatos que hai en moitas zonas de Camariñas, onde as gatas non fan máis que parir, polo que existe unha sobrepoboación de gatos.
Sobre este último punto dicir que, hai concellos que se fan cargo da esterilización de ditas gatas para regular esta sobrepoboación.
Está moi ben mirar por un bo futuro dos camariñáns e camariñanas, pero non debemos olvidarnos dos animais, aquí ninguén os protexe e deberíamos levar a cabo as leis que os amparan.
Por último, quero pedir que se informe á poboación das leis de protección e benestar animal.

10 votes

Escola de futbol do concello

Habería que faser una escola de futbol para que as nais non teñan que estar organizando solas esas categorías base. Os equipos de fútbol que hai no concello non son competentes para facelo. Ten que ser o concello quen colla as riendas tal e como fixo co balonmano. Hai que facer a escola de fútbol con profesores cualificados que eduqen os nosos nenos correctamente.

10 votes

Formación e emprego.

Uns dos principais problemas desta zona é a despoboación das distintas parroquias que a compoñen, moita xente da zona ten que traballar na Coruña ou en Santiago, dos cales moitos acaban mudandose a esas cidades por economía (prezo dos combustibles, axudas ao aluguer). Si se crease un bono de axudas ao transporte (básicamente combustible, xa que o transporte público é ineficiente) moita xente iría e volvería todos os días, seguindo empadroada na zona e alimentando o comercio local, en lugar de consumir, por exemplo, nas grandes cidades. Unido a que vivir nunha zona na que teñas apoio familiar, é máis factible acabar formando unha familia, que unha parexa que non teña apoio nunha cidade.
Outra proposta sería impulsar a formación de cursos AFD ou Formación Profesional (por exemplo da familia Maritimo Pesqueira), xa que pese a estar rodeados de poboacións pesqueiras e de marisqueo, haxa que irse fora para ter unha titulación oficial, que serva para mesmamente opositar.

7 votes

A Grixa

Estaría ben que o servicio de limpieza (barrendeiro) pasara tamen pola Grixa, aquí está todo muy abandonado. E si se puderan facer os accesos mais grandes sería estupendo, pero eso xa é mais complicado jaj

5 votes

Dinamizar os nosos arraigos co turismo

Cantas veces a un lle preguntan, qué ver en Camariñas?. Centrar un programa das nosas raíces enfocado principalmente hacia o turismo. Un local de visita obrigada onde enmarque con total sintonía todo un mundo que temos no noso concello. O faro, o porto, o entorno do río grande, Man en Camelle, a praia de Arou, todo un pobo de Sta Mariña desafiando ao atlántico, o pedrouzo, trece, Reira, etc, etc e ir tocando puntos básicos de cada parroquia. Todo plasmado nun museo do mar, principal fonte de riqueza nosa.

Olvidouseme decir, ruta pola ría de Camariñas no vran e divisando as fermosas postas de sol…encaixe, gastronomía. Temos moito que ofrecer

5 votes

Ioga e meditación

Penso que estaría ben, que dende a área de servizos sociais se impartiran clases e talleres de ioga, meditación e relaxación.

4 votes

Solucionar o sistema de rede de sumidoiros que desemboca na praia de Camelle

Estamos cansos de ver na prensa un ano tras outro que a auga da preciosa praia de Camelle non é apta para o baño. Porqué pasa iso, será que o sistema de rede de sumidoiros non está ben canalizado e sae polo mesmo cerco que o río da Area? Toda a miña vida bañeime nesa praia e non vou deixar de facelo, pero dáme vergoña ver ano tras ano esa noticia na prensa. Van arranxar o problema e cando?

2 votes

Arranxala explanada que está preto da praia de Camelle

Arranxar a alameda
O palco da música está feito un noxo e é un perigo para a xente que pasa preto, calquera día vén a baixo. Vexo necesario arranxalo, do mesmo xeito que a chaira e convertela nunha alameda bonita, con árbores, céspede e bancos con mesas. Tamén vexo necesario retirar ou arranxar as columnas de madeira que están preto do catavento pois pasa moita xente por baixo delas e calquera día pasa unha desgraza, ao final do paseo marítimo e arranxar o catavento ou retirar ese amasillo de ferros( non puido ser un diñeiro máis mal investido…..)

2 votes

Arranxar a zona do polideportivo de Camelle

Paréceme unha verdadeira vergoña ver o polideportivo nesas condicións penosas e as zonas próximas a el feitas un verdadeiro despezamento, cheo de ferros, camións, pas, ferros….se mal non me acordo ese terreo pertence ao concello, conseguido no seu día ( do mesmo xeito que moitas máis cousas para o pobo) pola asociación de veciños para construír un colexio. Poderíanme contestar a unha pregunta..que fan eses trastes á beira dun polideportivo? Que fan aparcados nun terreo do concello para uso privado? Porfavor respondan á pregunta. Se ese terreo non pertence ao concello reciban as miñas máis sinceras desculpas. Moitas grazas

Submit idea