Fabián Canosa, candidato por Camariñas do PSOE

Carta de Fabián Canosa aos veciños do Concello de Camariñas

Hai uns meses que se estreaba un orixinal video promocional creado polo noso concello chamado “Eu Son Camariñas” no que ben podería participar o protagonista da nosa entrevista de hoxe. Él chámase Fabián Canosa Pasantes, nacido en 1989 e veciño de Buría que se presenta como número 2 na lista electoral do PSOE de Camariñas. Sen dúbidas unha aposta forte e decidida de Sandra Ínsua pola xuventude, o amor a Camariñas e a formación académica na súa lista electoral. Para o encargado de facer a introducción deste artigo sobre a vida deste exemplar mozo camariñán, supuxo todo un reto, xa que un non sabería exactamente por onde empezar: se citar a súa exquisita educación (non lle escoitarán vostedes a este rapaz dicir unha palabra máis alta ca outra), ou empezar co seu curriculum académico (un rapaz obsesionado pola súa continua formación), ou citando o seu compromiso con Camariñas (sempre disposto a axudar desinteresadamente en todos os eventos da súa vila)… Aínda que tamén poderíamos escomenzar esta introducción coa súa exitosa carreira deportiva que o levou, dende a Escola Municipal de Balonmán de Camariñas ata o máis alto como capitán da Selección Galega de Balonmán Junior. Pero si algo podemos destacar deste exemplar rapaz, camariñán ata a médula, é a súa valía como persoa. Todos os que temos a sorte de tratar a Fabián vemos nel a un dos xóvenes máis competentes, preparados e prometedores para capitanear esta esperanzadora aventura política na que se embarca xunto a candidatura de Sandra Insua. Así é tanto que Fabián pensou que mellor que unha entrevista onde as preguntas e respostas se suceden, sería mellor falarlles directamente aos seus veciños en primeira persoa. Aquí vos deixamos coas palabras que Fabián Canosa lle quere transmitir ao pobo de Camariñas.

Carta de Fabián Canosa aos veciños do Concello de Camariñas


Para empezar con sinceridade na inmersión deste proxecto, no que me presento nas listas polo Partido Socialista para as eleccións municipais de Camariñas neste 2019, dicir que nunca estiven ligado nin vinculado a un partido político de forma oficial. Cabe resaltar que a pesar do dito na frase anterior, sempre me roldou na cabeza poder investigar e coñecer a vida dun político e máis concretamente nas funcións dun concelleiro de educación e deporte. Esas conversacións cos amigos e familiares nas que se “amañan”o mundo, podíaseme escoitar algún dito de “eu teño que ser concelleiro de deportes”, “un día póñome eu na política municipal ”Entre charla e charla continuo ca miña vida, combinando os invernos formándome para ser un mellor profesional, e cos veráns traballando en Camariñas, traballos vinculados co deporte e educación. Ao mesmo tempo practicaba o balonmán cada fin de semana. Deporte o cal empecei aos 6 anos, xa daquela nas actividades municipais do Concello de Camariñas. Grazas a este deporte e as accións deportivas que se facían no pobo fun construíndo a miña vida en relación da actividade deportiva e chegando finalmente a ser mestre de Educación Física por total vocación.

Todo isto foi pasando ata que chegou a chamada de Sandra Insua, na que me pide pertencer ao seu equipo para presentarse nas eleccións municipais. Nun primeiro momento de susto pensei nun non. Despois de ese susto e saturación inicial, a miña cabeza empezou a pensar no que relatei nos dous primeiros parágrafos e xa me facía a idea de dicir si a un novo reto, a unha nova experiencia. Pensei que era o momento ideal, con 30 anos, o cal non é moi habitual ver persoas desta idade asumir este reto. Os novos somos o presente e o futuro, creo que é unha boa ocasión para que a nosa xeración aporte as súas ideas, preocupacións e curiosidades a este equipo de goberno en Camariñas. Eu asumo esta responsabilidade de actuar como representante da sociedade camariñana e poder transmitir as necesidades da poboación ao concello e poder mellorar as nosas accións cada día. En definitiva, gústame o reto e gústame o rol que asumirei despois de gañar as eleccións do 26 de maio.

En canto os motivos principais, a parte dos xa comentados na introdución anterior, nos que tomo a decisión de dicir si a entrar a formar parte das listas nestas eleccións municipais do 2019 embarcándome neste proxecto, podo resumilos en tres palabras, SANDRA INSUA, CAMARIÑAS e DEPORTE.

FAbián Canosa, xunto a súa valedora Sandra Insua e os seus compañeiros da lista por Camariñas
Fabián Canosa, xunto a súa valedora Sandra Insua e os seus compañeiros da lista por Camariñas

Sandra Ínsua


É un orgullo que unha persoa como Sandra, a alcaldesa de Camariñas, queira contar comigo neste novo e importante proxecto no que se embarca. Desde que a coñezo e desde que teño o pracer de compartir momentos con ela, sempre con boa disposición, con bo trato, preocupada polos demais, amable, cercana, ambiciosa, sempre animando a emprender novas ideas e proxectos, mirando o ben dos demais e sobre todo unha loitadora.. Polo bo trato e cariño que me mostrou durante estes últimos anos, tócame agora a min devolver esta confianza depositada en min. Co disfrute de traballar con ela e co seu equipo, toca poñerse a mans a obra facendo as cousas ben e facer un Camariñas mellor, seguindo a liña de traballo que ela xa fixo durante as últimas lexislaturas e darlle desde a miña visión e formación un novo impulso a este proxecto socialista.

Fabián Canosa Pasantes, experimentado danzante, foi o creador da Mini Danza de Arcos dos nenos
Fabián Canosa Pasantes, experimentado danzante, foi o creador da Mini Danza de Arcos dos nenos

Camariñas


Cando chego a un colexio novo, para que o alumnado e compañeiros me coñezan, a miña forma de presentarme é a seguinte: “Ola a todos e todas, son de Camariñas e o meu nome é Fabián Canosa…”. Con isto quero mostrar o amor que teño polo meu pobo e a capacidade de levalo a cada rincón do planeta que visito. Despois de estar por varios lugares de Galicia por traballo e sempre promover a Camariñas alá por onde vou é o momento de actuar. Momento de devolver o que o meu pobo me dou durante a miña vida, aspectos como a fala, a forma de ser, o amor polo lugar onde me viu, me ve e me verá crecer. Esta harmonía que sinto con Camariñas é unha das razóns polas que asumo o reto de representalo e facer un Camariñas mellor, máis avanzado, no que a xente nova non se marche del, que a conexión non se perda, que a sociedade estea vinculada sempre ao pobo e a súa xente. Desta maneira pretendo transmitir estes sentimentos para que teñamos unha sociedade máis unida e colaborativa para o ben de todos e todas. Esta unión, na que terá como base o deporte e como exemplo as persoas que formamos esta lista na que loitará por un Camariñas mellor.

Fabián Canosa chegou a ser capitán da Selección Galega de Balonmán Junior
Fabián Canosa chegou a ser capitán da Selección Galega de Balonmán Junior

Deporte


Considérome unha persoa en continua formación e con gañas de aprender cada día. Esta formación continua é a base para ser un mellor profesional no ámbito que me toca. Neste caso a miña unión co deporte desde neno levoume a formarme paralelamente a el, realizando estudos relacionados coa actividade física, deporte e posteriormente máis orientados a docencia. Toda esta formación que fun adquirindo considéroa importante para eu dicir si a este proxecto, no que é o momento de poñer a disposición de Camariñas esta formación e experiencia adquirida nos ámbitos do deporte e da educación. Gústame a idea de exercer a función de concelleiro de Deportes. Estou convencido que o deporte na sociedade actual é moito máis que competición, o deporte tenos que identificar como unha sociedade activa e saudable. O Deporte, desde o punto de vista recreativo, saudable e educativo ten que axudar a crear unha sociedade máis integradora e fomentar a cohesión social independentemente da idade,sexo, ocupación ou nivel socio-económico. Creo nun deporte para todos e de todos. O deporte escolar será o punto de referencia para transformar positivamente a sociedade, e a partir de aí poder consolidar as actividades en adultos, persoas maiores e persoas con discapacidade.

Ademais das infraestruturas que se poden chegar a facer, hai unha cuestión por encima de todo isto, a calidade de vida dos cidadáns, calidade que se pode adquirir por medio da práctica deportiva desde as persoas escolares, adultos e maiores. Para todo isto é necesario a coordinación e colaboración coas asociacións, clubs e empresas locais que conxuntamente levaremos a adquirir estes valores do deporte con profesionais cualificados e de calidade.

Para concluír, dicir que me motiva moito participar e actuar neste proxecto do equipo socialista con Sandra Insua ao fronte e poder desenvolver unha das miñas vocacións, a educación e o deporte xunto co traballo en equipo, estando a disposición do pobo de Camariñas, para así construír unha mellor Camariñas e dar o mellor de min para impulsar o noso concello sendo un referente na Costa da Morte e en Galicia.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *