Sandra Ínsua Rial, candidata do PSOE á alcaldía do Concello de Camariñas

Dous minutos con Sandra Insua, candidata á alcaldía do PSOE de Camariñas

E por fin chega o turno de palabra na nosa web para Sandra Ínsua Rial, a candidata do PSOE de Camariñas á alcaldía nestas decisivas Eleccións Municipais 2019. Seguindo o rumbo marcado polo número dous da lista Fabián Canosa, a nosa candidata quixo darlle a volta ao formato das entrevistas á lista electoral dos Socialistas de Camariñas e facelo máis interactivo. Con esta intención Sandra enviounos un precioso video no que en tan só dous minutos resume o porque do trascendental destas votacións a alcaldía de Camariñas. Porque como xa todos coñecedes a nosa candidata e xa tiñamos a reportaxe que ela mesmo nos enviara da súa vida pois que mellor que nos explique todo o proxecto que o PSOE de Camariñas ten preparado para afrontar un futuro próspero para o noso concello. Porque, tal e como dixera ela mesma nun dos moitos mitins desta campaña electoral 2019 en Camariñas, co goberno de Pedro Sánchez en Madrid, tan só ten que levantar o teléfono desde a vila das palilleiras para que calqueira dos cargos do goberno socialista de España se poña mans á obra para solucionar os problemas do noso concello. E outro tanto sucederá en breve cando, tal e como pronostican todas as enquisas, o noso compañeiro Gonzalo Caballero sexa proclamado polo Parlamento de Galicia como Presidente da Xunta. E para evidenciar isto que estamos dicindo de mostra vos vamos a dar tan só un botón: o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE rematará a campaña electoral dos socialistas galegos non na capital en Santiago, nin tan siquera en Vigo ou na Coruña, se non que o fará en Camariñas. Algún dos partidos políticos que se presentan en Camariñas poden dicir o mesmo? Pois non, aquí está claro que quen ve e atende as necesidades da Costa da Morte e de Camariñas como se dunha cidade de primeiro nivel se tratara é o PSOE tanto de Gonzalo Caballero como dos anteriores secretarios socialistas que, sempre que tiveron oportunidade volven a Camariñas unha e outra vez. Deixámosvos xa co video resumo que a candidata á Alcaldía de Camariñas polo PSOE Sandra Ínsua Rial.

De todos os partidos que se presentan no noso concello, tan só o PSOE de Camariñas é quen de traer ao seu mitin de peche de campaña a Gonzalo Caballero, Secretario Xeral do PSdeG e candidato á presidencia da Xunta de Galicia. Para o resto de partidos, simplemente os veciños do Concello de Camariñas non existen

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *