Entrevista a Belinda Insua candidata por Xaviña do PSOE de Camariñas

Entrevista a Belinda Insua candidata por Xaviña do PSOE de Camariñas

Nas serie de entrevistas que realizamos a todos os integrantes da lista do PSOE de Camariñas queremos dar a coñecer diante de tódolos veciños do concello unha faceta xeral de cada un deles sen entrar en moita profundidade. Pero, como todos pudéstedes comprobar, ata o de agora todos nos sorprenderon pola súa elocuencia diante do entrevistador. Este tamén é o caso da nosa candidata por Xaviña e número 12+1 da lista electoral dos Socialistas de Camariñas. Ela chámase Belinda Insua, nacida un 30 de novembro de 1995, veciña de Xaviña que dende moi pequena a podíamos ver en todos os actos festivos organizados polo PSOE de Camariñas. Despois de acabar os estudos básicos cursou con gran éxito o Grao de Enfermería na Universidade da Coruña para despois especializarse facendo todo un Máster en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados en Santiago de Compostela. Actualmente traballa de enfermeira no Oncolóxico da Coruña pero como boa Xaviñana e amante da familia e da súa terriña vive na súa vila natal. Aquí vos deixamos coa súa entrevista.

¿Cal foi o motivo para poñerte na política municipal?
Pois desde sempre estiven moi interesada pola política a nivel persoal e cando me ofreceron ir nas listas do PSOE de Camariñas, que queres que che diga, pois que non o dubidei nin un momento. Para min é unha maneira de representar a miña terra de Xaviña, da cal me sinto moi orgullosa e de ofrecer a miña adicación aos meus veciños que formamos esta comunidade do Concello de Camariñas. Ademáis disto na miña casa sempre fomos xente de esquerdas moi comprometida cos Socialistas de Camariñas.

Como ves o Concello de Camariñas a día de hoxe despois de tantos logros por parte dos diferentes gobernos socialistas?
Despois de todos estes anos de gobernos socialistas no Concello de Camariñas, tanto con Bautista coma con Pichurri, e agora con Sandra, o Concello de Camariñas é sen dúbidas unha das potencias da bisbarra. Temos moito que agradecerlle aos nosos predecesores dentro do PSOE de Camariñas, e a verdade é que o reto que supoñe relevar a estes grandes políticos resulta enorme, pero tamén cremos que estamos preparados para facer moitas cousas boas polos nosos veciños. O Concello de Camariñas é un exemplo a seguir por parte de outros moitos concellos veciños, aínda que é verdade que todo se pode mellorar, e esta lista ten as ganas e a ilusión suficiente para logralo. Traballaremos arreo para conseguilo, deso poden estar seguros os nosos veciños.

Que cres que necesita o noso concello para afrontar o futuro? – Como pode o programa do PSOE de Camariñas pode resolver estas necesidades?
O noso Concello precisa de máis locais e servizos para as persoas maiores, a pesar de todos cos que xa conta, por iso unha das prioridades do noso programa e a creación do Centro de día que atenda a todas estas persoas. Por outra banda, é necesario a creación dun local onde poder realizar eventos tanto culturais como sociais, e por iso propoñemos un novo uso para a lonxa vella de Camariñas, coa creación dun Auditorio do Mar. Tamén é de vital importancia para o noso futuro a creación dun chan industrial onde as empresas poidan ter un lugar para asentarse e crecer dentro do noso concello e así poder crear postos de traballo e riqueza. No noso programa contamos con moitas melloras que poden facer unha vida máis fácil a todas e a todos, tanto persoas maiores coma para a xente máis nova. Así como seguir sendo unha zona de interese turístico.

Que vas a propoñer para a túa parroquia?
No programa electoral temos varias propostas para Xaviña, coma a realización de beirarrúas dende Tasaraño ata Borreiros, iniciar as xestións para crear un paseo fluvial polo “Río do Cura”, a renovación do parque e a instalación dun aseo e realizar as xestións para darlle un novo uso as escolas de Xaviña. E algo moi importante e necesario para a nosa parroquia, como son as xestións para o seu saneamento, algo esencial, e que incorporamos novamente coma un dos obxectivos prioritarios no noso programa. Son propostas que nos benefician a todas e a todos os xaviñáns e agora co goberno de Pedro Sánchez e co próximo goberno socialista na Xunta de Galicia todo isto será unha realidade.

Como definirías á candidatura da cal formas parte?
O Partido Socialista de Camariñas presenta unha candidatura formada por xente preparada e con moitas ganas de dar o mellor de sí mesmos en beneficio dos seus veciños e do seu concello en xeral. En todas as reunións que tivemos cada un de nos preocúase sa súa parroquia ou lugar aínda que despois o interés común de todo o concello é o que prevalece. Eu son da idea de que se todos estamos unidos, seremos moito máis fortes para competir e gañar cousas boas para o concello. Somos xente con ganas de traballar, con novas ideas para a mellora do Concello, eso é o que realmente importa.

Que nos poderías dicir da nosa candidata e Alcaldesa Sandra Insua?
¿Qué dicir de Sandra? Para min e para moita xente coa que me relaciono é a candidata máis preparada de todas ás que se presentan e lévao demostrando todos estes anos. Tanto como candidata polas listas dos ex-alcaldes Bautista e Pichurri, como agora ao fronte da alcaldía, Sandra sempre foi moi querida por todas as persoas coas que tratou e eso sabeo todo o mundo. Será unha gran alcaldesa e a maioría dos veciños e veciñas do concello apoiarana sen dúbidalo.

Última frase para animar a todos os veciños a votar pola nosa candidatura
Pola Xaviña que queres, polo Camariñas que queres, todas e todos temos que votar polo PSOE de Camariñas, unha agrupación que leva demostrando durante décadas que é a única forza política preparada para gobernar en Camariñas.

Descarga o programa completo do PSdeG-PSOE de Camariñas

Un programa electoral no que poderás comprobar gran parte dos traballos realizados máis importantes dos derradeiros 4 anos así como tamén os proxectos que queremos desenrolar durante a lexislatura 2019-2022

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *