Entrevista a Begoña Tajes Mouzo, candidata por Camelle do PSOE de Camariñas

Entrevista a Begoña Tajes Méndez, candidata por Camelle do PSOE de Camariñas

Estamos xa rematando coa nosa serie de entrevistas aos candidatos da lista electoral do PSOE de Camariñas, e facémolo cunha rapaza camellana, querida onde as haxa e unha festa continua que desborda bo rollo por onde pasa. Onde ela está respírase alegría e bo ambiente porque é capaz de contaxiar ese carácter divertido a todo o mundo que a rodea. Pero ademáis disto todos os que a coñecemos sabemos que é unha muller comprometida co seu concello e, sobretodo co seu Camelle. Como xa adiviñaríades estamos a fala de Begoña Tajes Méndez, a nosa Cari. Ela é unha rapaza xoven nacida na década dos 70, casada e nai dunhsa preciosa filla pola que sente verdadeira devoción. Actualmente Begoña traballa nunha factoria de procesado de ourizos en Arou e esto é o que nos contou na súa entrevista esta xovial rapaza camellana todo vitalidade.

¿Cal foi o motivo para poñerte na política municipal ?
Bueno, eu dende sempre estiven moi comprometida co meu pobo de Camelle e tiven a virtude de que sei escoitar á xente e por iso teño claro cales son as necesidades reales da miña xente e do meu pobo. E cando mo pedíu a nosa actual e próxima alcaldesa Sandra Ínsua non o dubidei. Púxome moi feliz que pensaran en min para representar ao meu pobo nas listas do PSOE de Camariñas.

¿Como ves o Concello de Camariñas a dia de hoxe despois de tantos logros por parte dos diferentes gobernos socialistas?
Todo o mundo sabe, non é ningún secreto, que nestes anos atrás se fixo moitísimo cos gobernos do PSOE de Bautista e Pichurri que transformaron o noso concello, todo aquel que queira pode ver esas grandes obras cos seus propios ollos. Tamén che digo que o que non quere ver non ve nada Cari (risas). Pero, tamén é verdade que aínda nos quedan cousas por facer e, sobretodo, novos retos que afrontar e por eso necesitamos que os nosos veciños nos dean un novo voto de confianza este 26 de maio para levar a cabo o noso programa que volverá a transformar as nosas parroquias.

¿Que cres que necesita o noso concello para afrontar o futuro?
E que, sinceiramente, o noso problema actualmente é a despoblación das nosas parroquias que fundamentalmente é debido a dous factores principais que están relacionados entre si: que non hai nacementos e sobretodo á emigración. Marchou moita xente porque noutros sitios teñen máis posibilidades laborais, e penso firmemente que, ademáis de outras actuacións, se seguimos promocionando o turismo tal e como o fixemos nos últimos anos poderíanse crear moitos postos de traballo. Temos un concello con moitísimo potencial turístico, e temos que aproveitalo ao máximo.

¿Como pode o programa do PSOE de Camariñas pode resolver estas necesidades ?
No noso programa electoral temos unha serie de intervencións urxentes que queremos desenrolar canto antes. E con respecto ao turismo estivemos traballando moi concienzudamente en crear unhas liñas maestras coas que continuar co gran traballo realizado de promover ao Concello de Camariñas como un destino turístico en conxunto. Pero hai que preparar moi ben o noso entorno e ofrecer unha oferta moi apetecible para que o turista de calidade vexa Camariñas como unha oferta superior con respecto a outros destinos. Con respecto a isto temos o exemplo do impresionante traballo realizado en Camelle polo meu predecesor e veciño de Camelle, Juan Carlos Canosa, coa gran labor realizada de cara á recuperación do legado de Man e do seu xardín museo, a creación do Museo Man de Camelle, etc… este traballo tan impresionante puxo a Camelle no mapa dos museos a visitar para todo aquel turista que visite Galicia. Eso é alucinante para un pobo como Camelle e temos que continuar nesa liña de traballo.

¿Que vas propoñer para a tua parroquia ?
A miña principal teima será a de conseguir dunha vez que a praia de Camelle sexa por fin unha praia mais limpa e saneada. Un pobo tan bonito coma o meu Camelle, cunha praia en pleno casco urbán ten que ser explotada ao máximo e necesitamos que estea nas mellores condicións posibles. Como dixo na súa entrevista meu compañeiro e veciño Manuel Arnosi, temos que recuperar o conxunto paseo-praia de Camelle que, ademáis do Museo Man, será o principal atractivo turístico da nosa vila. Ademáis do importante proxecto turístico que temos pensado realizar temos outras accións deseñadas para Camelle como a construcción dun polideportivo cuberto no cal apostaremos por promocionar o deporte, pero sen olvidar tampouco a educación e a cultura. Pero xa vos digo, a nosa teima principal será convertir a Camelle nun auténtico referente turístico e cultural.

¿Como definirías a candidatura de cal formas parte ?
Pois un equipo maravilloso con ilusión e ganas de traballar. Podemos conseguir moitas cousas xuntos porque estamos moi unidos e motivados para continuar esa importante misión de todos os concelleiros que nos precederon que non é outra que seguir creando un concello mellor para os nosos veciños. Sinceiramente, eu vexo unha lista electoral moi preparada que se renovou en gran medida pero que conta con puntales moi importantes de experiencia na xestión dos problemas diarios dos veciños. E despois temos a nosa Sandra que é maravillosa Caris (risas). E outra cousas moi importante é que os socialistas fomos sempre xente humilde e honrada e por eso os nosos veciños sempre nos respaldaron en todas as eleccións.

¿Que nos poderías dicir da nosa candidata e Alcaldesa Sandra Insua Rial ?
No persoal non teño palabras para definir a Sandra. Desde pequenas coñecémonos e todo o que diga dela é pouco… é unha das mellores persoas que coñecín e coñecerei na miña vida. No aspecto político teñoo máis fácil (Risas)… dicir dela que é unha alcaldesa fantástica é pouco. Coñézoa moito e estouna vendo nesta nova etapa da súa vida con moitas gañas e máis ilusionada ca nunca. Conta cun equipo moi implicado con ela e cun programa claro e realista que vamos a sacar adiante si ou si. Porque, tal e como di ela nos mitins, co goberno do socialista Pedro Sánchez en Madrid e coa Deputación do noso compañeiro Valentín só teño que levantar o teléfono e aténdena ao momento. E iso a xente veo tódolos días no concello coa nosa alcaldesa.

Última frase para animar a todos os veciños a votar pola esta candidatura do PSOE de Camariñas
O día 26 de maio celebraranse unhas eleccións vitais para Camariñas e temos a oportunidade de conseguir un goberno no concello con liña directa co executivo de Pedro Sánchez en Madrid. Esto é de vital importancia para sacar os proxectos que temos pensados para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas. Por iso todos temos que votar pola nosa alcaldesa Sandra Ínsua Rial, votar polo PSOE, o partido da ilusión e da esperanza.

Descarga o programa completo do PSdeG-PSOE de Camariñas

Un programa electoral no que poderás comprobar gran parte dos traballos realizados máis importantes dos derradeiros 4 anos así como tamén os proxectos que queremos desenrolar durante a lexislatura 2019-2022

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *