Entrevista a Encarna Liñeiro Pousoi, candidata por Camariñas do PSOE

Entrevista a Encarna Liñeiro Pouso, candidata por Camariñas do PSOE

Vamos agora cunha auténtica socialista de raza que se une a esta lista electoral na que temos os maiores cambios nos tres primeiros postos. Aínda que a persoa que ocupa o número tres desta lista e candidata por Camariñas ven sendo moi coñecida debido a súa longa vinculación ao mundo da política, hai que lembrar que é a primeira vez que se presenta nunha lista electoral. Trátase de Encarna Liñeiro Pouso, nacida en Edimburgo (Escocia) en 1974, de pais emigrantes e pertencente a unha das estirpes familiares con máis solera do socialismo da vila dos encaixes. Está casada e ten dúas fillas. Fala varios idiomas cun nivel avanzado de inglés B2. Monitora de tempo libre e con formación en Comunicación e Marketing Político, Técnicas da Información e da Comunicación así como en Igualdade e Violencia de Xénero. Secretaria Xeral da Agrupación Socialista de Camariñas desde 2008 e membro da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG. Unha das mulleres referentes do PSOE na Costa da Morte.

Antes de comezar a entrevista Encarna lémbranos con orgullo unhas cantas anécdotas e primeros recordos políticos que nunca olvidará. Comezaba rememorando as lágrimas de alegría da súa nai Mari Carmen, aínda en Edimburgo, na noite do 28 de outubro de 1982 cando o PSOE de Felipe Gonzalez acadou a estratosférica cifra de 202 diputados no Congreso dos Deputados. Tamén nos comentaba aqueles primeiros anos nos que se comezaba a forxar a lenda do socialista camariñán, recordando perfectamente as caras de ilusión e alegría (e a festa que se montou) na Praza de Insuela unha noite de maio 1983 cando un xoven Bautista foi elexido alcalde. E a primeira campaña na que participou Encarna Liñeiro naqueles principios dos anos 90 con 16 anos levando o micrófono do coche de campaña nas eleccións municipais de Camariñas.

¿Cal foi o motivo para poñerte na política municipal?
Levo na política dende que teño uso de razón. No 2003 entrei por primeira vez na executiva municipal da nosa agrupación como Secretaria de Igualdade da man do Secretario Xeral, Salvador Fernandez Carril. Ese ano traballei no equipo de campaña do presidente Touriño, fun membro dunha comisión de Igualdade para a elaboración do Programa Electoral. Foi unha gran experiencia onde me din conta do moito que me gustaba este mundo da política. Aínda que moita xente pensa o contrario, é a primeira vez que vou nunhas listas do concello. Fun candidata nas últimas eleccións autonómicas pola provincia da Coruña. Levei a Secretaría de Igualdade na Executiva provincial. Secretaria de Organización da Comarca Costa Atlantica e actualmente son Secretraria Executiva da Comision Nacional Galega do PsdeG-PSOE.

¿Como ves o Concello de Camariñas a día de hoxe despois de tantos logros por parte dos diferentes gobernos socialistas?
Tivemos dous grandes alcaldes, tanto Bautista coma Pichurri e os seus equipos municipales gobernaron por e para as persoas, cubrindo as necesidades que en cada tempo foron necesarias. Dende a traídas de auga ata o tan necesario Tanatorio Municipal de Camariñas. Cada epoca foi distinta. Penso que o que caracteriza os gobernos socialistas é a atención en servicios sociais no que non só fomos pioneiros na comarca senon que somos un referente. Fomos primeiros en ter abogado, psicologa, asistenta social, técnica de igualdade e educadora de adultos… Todo o que hoxe nos parece do máis normal fomos dos primeiros concellos en telo, gracias as políticas socialistas dos nosos alcaldes concelleiros e concelleiras.

¿Que cres que necesita o noso concello para afrontar o futuro?
Necesitamos que o noso concello progrese como o fixo durante estes derradeiros anos. Facer que o noso fermoso concello sexa un referente turístico indiscutible, eso traeranos riqueza e emprego. É responsabilidade do concello que o nosos pobo este coidados e limpios, que o turista que veña queira volver. Temos paisaxes privilexiados, somos a capital mundial do Encaixe. Conseguiremos que declaren a Mostra, Festa de Interese Turistico Nacional , o galardón internacional e a tan merecida marca de calidade. Queremos seguir mellorando o benestar social dos nosos maiores e por suposto seguir apostando pola cultura educación e deporte. Os nosos nenos e nenas son a nosa máxima prioridade. Fomentar a educación en igualdade nos colexios e institituto é un dos nosos principais obxetivos.

¿Como pode o programa do PSOE de Camariñas resolver estas necesidades?
Temos un proxecto ilusionante, pero tamen de moita responsabilidade. Quizás alguén diga que é prometer por prometer, pero non é así. O programa socialista é o noso compromismo coa sociedade camariñana. Non depende só de nos que se leve a cabo, pero vamos a traballar arreo para conseguir cumprilo. Co goberno socialista de Pedro Sanchez en Madrid as demandas que se fagamos dende Camariñas ao Goberno Central serán atendidas ao momento e, por conseguinte, unha prontat realidade.

¿Que vas a propoñer para a túa parroquia?
Levamos un programa ambicioso. O Centro de día, gracias o goberno da Deputación da Coruña, vai ser unha realidade. O Auditorio do Mar, na Lonja Vella é un gran proxecto que estamos desexando levar a cabo canto antes. É unha vergoña que nun pobo tan fermoso coma Camariñas estemos vendo todos os días como está aquela lonja en ruinas, vergonzoso… Tamén temos moita falta de un auditorio para os eventos sociais e culturais. Ademáis contará cun museo dos naufraxios e un local para os nosos xublilados. Será todo un atractivo na xa de por si preciosa fachada marítima de Camariñas.

A limpeza e mantemento das nosas calles e paseos penso que tamen é un tema moi importante. Si queremos ser un referente turístico temos que dar unha imaxe de limpeza e construir máis espazos públicos, parques, adecentar e poñer máis xogos infantiles, por exemplo, na Area da vila, etc… e non solo construilos senon mantelos limpos e coidados. Na miña opinión temos moita falta dun Plan Municipal de Ornato Público e Limpeza.

Nos servizos sociais para o benestar dos nosos maiores debemos seguir sendo un referente e, en canto a Guarderia municipal, é necesario demandar tanto o comedor como a ampliación do horario de atención, xa que me parece que non é para nada suficiente. Demandaremos tanto a terceira fase da fachada marítima como o remate do paseo dende a Area da vila a carniceira. Mellorar o acceso, aparcadoiro e demáis requisitos para conseguir a Bandeira Azul para lingunde e un compromismo que asumimos e traballaremos sen descanso para conseguir. Temos que tratar de loitar ao máximo para ser un referente turístico indiscutible xa que vivimos nun contorno único e somos verdadeiramente privilexiados. Tamen é moi necesario o chan industrial, tanto para expansion e crecemento das empresas existentes como para a creación de novos emprendementos dentro do noso concello que creen postos de traballo e riqueza. Apoiaremos toda iniciativa relacionada ca produccion do noso, que é todo de primeira calidade, tanto productos do mar, como agricultura e sen olvidar nunca o noso Encaixe.

¿Como definirías á candidatura da cal formas parte?
É unha lista renovada, un fiel reflexo da sociedade camariñana, todas son persoas responsables e honestas. Ábrese unha nova etapa dentro do socialismo camariñan, é certo que levamos gobernando 36 anos, pero en constante renovación tanto de persoas como de proxectos e ideas. Somos un equipo ilusionado comprometido e traballador. Queremos representar o mellor que ten esta terra, que é a sua xente.

¿Que nos poderías dicir da nosa candidata e Alcaldesa Sandra Ínsua?
É o seu momento. Sandra é unha persoa especial, os problemas dos demáis volvense os seus problemas. Moitos presumimos de ser socialistas, de buscar o ben común por encima do noso propio, pero non basta con que un diga que é socialista, hai que demostralo día a día e ela faio. Humilde, humana, capaz. A persoa máis preparada para ser a alcaldesa de todo o Concello de Camariñas, sen ningunha dúbida.

Última frase para animar a todos os veciños a votar pola nosa candidatura:
Animo a todos e a todas a votar pola candidatura do PSOE de Camariñas este domingo 26 de maio. Temos moita ilusión, ganas de traballar, ganas de seguir sembrando socialismo, de seguir o legado que nos deixaron. Construir unha Camariñas mellor, a Camariñas que queremos todas e todos.

Descarga o programa completo do PSdeG-PSOE de Camariñas

Un programa electoral no que poderás comprobar gran parte dos traballos realizados máis importantes dos derradeiros 4 anos así como tamén os proxectos que queremos desenrolar durante a lexislatura 2019-2022

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *