Entrevista a Germán Camiño Mouzo, candidato por Arou do PSOE de Camariñas

Hai alguén en todo o concello que non coñeza a Germán de Arou? Nos, sinceiramente, cremos que non. Este home leva en política e desvivíndose polo seu pobo de Arou dende os anos noventa e desta volta regresa como número 6 da lista electoral do PSOE de Camariñas tomando o relevo da gran concelleira Gemma Pedreira. Germán sempre estivo moi vinculado a todos os movimentos sociais en Arou e continuamente o podíamos ver formando parte das diferentes asociacións e comisións de festas do seu pobo natal. Nacido en Arou no ano 1963, formado como académicamente como Patrón de Cabotaxe, casado e con dous fillos Germán desenrola a súa vida laboral como empresario no sector da limpeza e, tal e como lembra él sempre que ten oportunidade, é a única persoa que formou parte das listas electorales cos tres alcaldes socialistas do Concello de Camariñas. Todos os que temos a sorte de coñecelo persoalmente sabemos que non vai a deixar de facer nen un dos seus proxectos que ten para a súa vila e eso sábeno perfectamente todos os veciños de Arou. Aquí vos deixamos todo o que nos contou nesta serie de entrevistas aos candidatos da lista electoral do PSOE de Camariñas.

¿Cal foi o motivo para poñerte na política municipal?
Eu xa formei parte das listas do PSOE dende o ano 2003 ó 2011 cos grandes alcaldes socialistas Bautista e Pichurri, e ainda que que non presencialmente, sí que estiven vinculado á política nos anos posteriores. O motivo polo que volvo á actividade municipal é que vexo que o meu pobo pode seguir mellorando, e coa lista que me acompaña, non me puiden negar.

– Como ves o Concello de Camariñas a día de hoxe despois de tantos logros por parte dos diferentes gobernos socialistas?
Camariñas é un concello renovado e actual, con grandes infraestructuras a tódolos nivéis, rico en oferta e servizos turísticos, servizos sociais e gastronómicos. Gran parte desa riqueza foi conseguida polos diferentes gobernos socialistas do PSOE de Camariñas e así se seguirá sendo nestas eleccións do 26 de maio.

Que cres que necesita o noso concello para afrontar o futuro?
Creo que o noso concello xa o ten, e refírome a xente con ganas de traballar e conseguir melloras que fagan posibles os cambios que Camariñas demanda para o futuro. Esa xente somos os que formamos parte da lista do PSOE e faremos todo o posible para cumplir as esixencias d@s nos@s veciñ@s.

Como pode o programa do PSOE de Camariñas resolver estas necesidades?
O programa que propoñemos dende o PSOE e un programa ambicioso, e levarémolo a cabo cunhas políticas progresistas, claras e transparentes como se viñeron facendo todos estes anos de gobernos socialistas. Somos o partido que renovou toda Camariñas e que o seguirá mellorando.

Que vas a propoñer para a túa parroquia?
Tal e como podedes no noso programa electoral teremos as seguintes liñas de actuación para Arou: Área recreativa na zona da praia con máis aparcamentos e unha nova pista polideportiva. Reconversión da antiga pista polideportiva en aparcamentos para a casa cultural “A Estivada”. Senda peonil que comunique Arou con Lobeiras, para que pasear por esa zona non sexa perigoso. Xunto coa miña compañeira Begoña, ampliar a estrada de Arou a Camelle pola costa, habilitándoa con zona peonil que permita conectar unha ruta moi utilizada polos veciños de ámbolos pobos. Mellorar rúas como a de Arriba, Agra do Muiño, e a que une a Rúa da Rucheira e a Rua Rosas.E intentarei levar a cabo todas as propostas que os veciños me plantexen. Eso será fundamental para min.

Como definirías á candidatura da cal formas parte?
Somos un equipo moi completo, con xente nova moi preparada cargada de ganas e ilusión e por outra banda contamos con persoas con ampla experiencia política que dan rixidez á estructura. Estou seguro que xuntos imos afrontar este reto sen ningún problema e que as cousas van saír según o esperado.

Que nos poderías dicir da nosa candidata e Alcaldesa Sandra Ínsua?
Coa nosa Sandra Insua comecei a miña andadura polo mundo da política no ano 2003, xuntos fomos medrando e mellorando e así forxamos unha gran amizade. Traballar con ela é moi doado xa que ten una forma de ser cercana e natural. Transmite unha seguridade e confianza que pouca xente consegue. É unha muller amplamente preparada e que se vai seguir medrando na política como leva facendo todos estes anos, coa diferencia de que a partir do 26 de Maio vaino facer como a máis votada do concello, como a alcaldesa de Camariñas.

Última frase para animar a tod@s @s veciñ@s a votar pola nosa candidatura.
Pois decirlles que o vindeiro 26 de Maio teñen que saír a votar, coas ganas que sempre puxeron, pero nesta ocasión con máis aínda se cabe. Entre tod@s temos que conseguir que o Concello de Camariñas e o PSOE se volvan definir como a maioría socialista que sempre foron, e que iso se reflexe nas urnas. Pola nosa parte, teñen a promesa de que nos imos desvivir por tod@s el@s.

Descarga o programa completo do PSdeG-PSOE de Camariñas

Un programa electoral no que poderás comprobar gran parte dos traballos realizados máis importantes dos derradeiros 4 anos así como tamén os proxectos que queremos desenrolar durante a lexislatura 2019-2022

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *