Entrevista a Jose Francisco Carril, candidato por Camariñas do PSOE

Entrevista a Jose Francisco Carril, candidato por Camariñas do PSOE

Hoxe días das Letras Galegas queremos presentarvos nas entrevistas a nosa lista electoral a un dos candidatos pola vila das palilleiras do PSOE de Camariñas. Trátase de José Francisco Carril Ageitos, un xoven mariñeiro de 30 anos, casado e pai dunha preciosa nena. José Francisco é moi coñecido en toda a vila de Camariñas por ser un dos bailaríns da Danza de Arcos de Camariñas que, a pesar da súa xuventude, máis anos leva danzando. Moi vinculado á virxe do Carme de Camariñas, Jose Francisco é un experimentado mariñeiro e sabe moi ben cales son os problemas reales que padece o sector pesqueiro no concello. Aquí vos deixamos coa súa entrevista.

Bos días Jose Francisco ¿Cal foi o motivo para poñerte na política municipal?
Desde moi pequeniño me acordo que na miña casa sempre fomos xente mariñeira e traballadora e como non podía ser doutro xeito sempre socialistas. Sinceiramente, cando me propuxeron de ir na lista do PSOE de Camariñas non dubidei en unirme a este gran equipo xa que considero a Sandra unha moi boa alcaldesa e sobre todo unha grandísima persoa!

¿Como ves o Concello de Camariñas a día de hoxe despois de tantos logros por parte dos diferentes gobernos socialistas?
Vexo que cada vez esta mellor, e todo o mundo se da conta de que temos cousas moi importantes que antes non tiñamos e que trouxeron para Camariñas os socialistas. Por poñer un par de exemplos, o impresionante paseo marítimo de Camariñas que para min é o mellor de toda Galicia, o dique de abrigo que fixo o PSOE cando estivo gobernando a Xunta de Galicia, ou o Tanatorio de Camariñas que tanta falta nos facia. ¿Quen fixo o tanatorio en Camariñas? O goberno do PSOE de Pichurri. E así con tantísimas obras que se fixeron nestes anos atrás.

Que cres que necesita o noso concello para afrontar o futuro?
Mira unha cousa, o concello precisa de moitas obras máis, pero sobretodo creo que ten que haber empleo para que toda a nosa xuventude poda traballar dignamente no seu concello sin ter que emigrar. Para iso, tal e como dixeron os meus compañeiros nas anteriores entrevistas, tense que coordinar políticas que fomenten este proxecto dende o goberno de Pedro Sánchez co Concello de Camariñas. E moito me temo que se temos un goberno do PP no noso concello esto non vai a pasar. Xa sabemos como son as políticas de dereitas e os camariñáns xa demostraron elección tras elección que non queren saber nada delas. Pero, deixando esto aparte, creo que sobre todo o que máis necesita o Concello de Camariñas é que todos esteamos unidos para darlle ao PSOE outra maioría absoluta para lograr os obxetivos do noso programa porque forza e ilusion por traballar xa a temos.

¿Como pode o programa do PSOE de Camariñas resolver estas necesidades?
Temos un progama cheo de proxectos que vamos a cumprir e que van cambiar totalmente o pobo de Camariñas e o concello enteiro. Repito que cando gobernemos no concello coordinaremos co goberno do socialista Pedro Sánchez e, proximamente cando Gonzalo Caballero acade a presidencia da Xunta, para levar a cabo esas políticas de emprego que redunden nos cidadáns de Camariñas. Para facer realidade todos estes proxectos necesitamos, e esto dígovolo de corazón, que o dia o domingo 26 de maio Camariñas esté máis unido que nunca nas urnas co PSOE e que voten polo futuro do noso concello e da nosa xuventude.

¿Que vas a propoñer para a túa parroquia?
Na anterior pregunta xa comentei que tiñamos preparado un programa completo para atender todas as necesidades do noso concello e eso todo xa o temos por escrito como programa a realizar nos próximos catro anos. Ademáis eu mesmo vou a estar moi pendente de facer propostas de futuro para o noso sector pesqueiro e marisqueiro que tanta importancia económica ten para o noso concello. Pero teño unha cousiña que si que me gustaría levar adiante: que se faga unha estatua ou monumento a unha das señas de identidade da nosa vila de Camariñas, a Danza de Arcos. E tamén que se realice unha homenaxe a todos os bailaríns da historia da Danza de Arcos no Día Grande de Camariñas: O Carmen. Porque decídeme unha cousa, ¿que hai máis importante para un camariñán que vibrar ao sentir a música da Danza de Arcos o día do Carme?

Como definirías á candidatura da cal formas parte?
Unha xente con moitas gañas de traballar e moi preparada, pero ao mesmo tempo son todos moi humildes e de familias moi honrradas e traballadoras. Formamos todos un equipo moi unido, cheos de ilusion por mellorar a vida dos nosos veicños e, tamén, por cumprir todos os proxectos do noso programa.

¿Que nos poderías dicir da nosa candidata e Alcaldesa Sandra Ínsua?
Pois que podo dicir eu da nosa alcaldesa Sandra que non sepa todo o mundo… (risas) Pois que é unha gran muller, humilde e sempre educada con todo o mundo. Transmite confianza e transparencia sin tan siquera falar, e que sempre esta disposta a axudar a quen o necesite sin mirar de recibir nada a cambio. A eso na miña casa chámaselle “unha boa persoa”.

Última frase para animar a todos os veciños a votar pola nosa candidatura
O que lles digo a todos os meus amigos e coñecidos. Que este 26 de maio Camariñas enteira estea unida como nunca para darlle o seu voto de confianza coma sempre ao PSOE para lograr unha nova maioría absoluta. Todo nos temos a confianza en que así vai a ser e prometo que traballaremos arreo para lograr un concello mellor.

Descarga o programa completo do PSdeG-PSOE de Camariñas

Un programa electoral no que poderás comprobar gran parte dos traballos realizados máis importantes dos derradeiros 4 anos así como tamén os proxectos que queremos desenrolar durante a lexislatura 2019-2022

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *