Entrevista a Noelia Lema Bouzas candidata por Buría polo PSOE de Camariñas

Entrevista a Noelia Lema Bouzas, candidata por Buría do PSOE de Camariñas

Comezamos a serie de entrevistas a todos os integrantes da lista do PSdeG-PSOE de Camariñas. Nelas poderás coñecer a cada un dos membros desta candidatura. A primeira entrega destas entrevistas comezámola coa número 15 da lista electoral, unha rapaza nacida en Buría que se chama Noelia Lema Bouzas de 27 anos de idade, está solteira e traballa no sector da hostalaría. Esto é o que nos contou na entrevista que lle adicamos.

Bos días Noelia, comezamos a entrevista cunha pregunta de rigor ¿Cal foi o motivo para poñerte na política municipal ?
Pois o motivo principal de inmiscuirme neste mundo da política foi porque mo pedíu a nosa alcaldesa Sandra Insua, e como na nosa casa fomos toda a vida socialistas pois non o dubidei nen un segundo. Ademáis teño moitas ganas de facer cousas positivas polo noso concello e sobretodo por Buría.

¿Como ves o Concello de Camariñas a dia de hoxe despois de tantos logros por parte dos diferentes gobernos socialistas?
Pois hubo moitos cambios para mellor. Temos que pensar que o noso concello estaba sen nada.. nen auga da atraída había en Camariñas! E quen trouxo eso foron os socialistas de Camariñas entre outra moitas cousas.

¿Que cres que necesita o noso concello para afrontar o futuro?
Pois eu creo que o máis importante é que a nosa xuventude teña a posibilidade de vivir e traballar dignamente no noso concello. Que podan desenrolar a súa carreira profesional no seu propio pobo e que teñan as oportunidades que poden ofrecerlles nunha cidade por exemplo.

¿Como pode resolver estas necesidades o programa do PSOE de Camariñas ?
Creo firmemente que ante este reto temos un equipo preparado para loitar para que esto sexa unha realidade. A nosa alcaldesa ten moi claro que os xóvenes teñen que ter a oportunidade de labrarse un futuro digno no seu lugar de nacemento e ela sabe que isto é a base do noso futuro colectivo. Cos gobernos progresistas de Pedro Sánchez no Congreso, a Deputación Provincial da Coruña gobernada polos socialistas e co próximo goberno de Gonzalo Caballero na Xunta de Galicia esta promesa electoral será toda unha realidade.

¿Que vas propoñer para a tua parroquia ?
Creo que o fundamental xa o temos no programa electoral do PSOE de Camariñas, pero resumindo teño que dicir que Buría vai a dar un cambio incrible na súa calidade de vida cando se faga realidade en breve o proxecto de urbanización da Praza de San Xurxo. Ademáis desta gran obra temos que acelerar a construcción do tan ansiado Centro de Día de Camariñas dada a nosa alta taxa de xente maior. Eso sería moi importante para todo o concello. Na miña Buría sempre fomos socialistas porque somos xente de compromiso e nestas eleccións vámolo a demostrar outra vez dando o noso apoio en masa a Sandra Ínsua Rial.

¿Como definirías a candidatura da cal formas parte?
É un grupo de xente moi preparada e con moitas ganas de facer cousas en beneficio do seu concello. Eu estou moi sorprendida da calidade humana de todos os integrantes deste grupo e estou segura de que farán todo o que estea na súa man para lograr o mellor para o Concello de Camariñas. Diso que non teña dúbidas ninguén.

¿Que nos poderias dicir da nosa candidata e Alcaldesa Sandra Insua Rial ?
Teño que dicir que é unha gran persoa como todo o mundo sabe, sempre disposta a axudar no que faga falta a todo aquel que o precise e cando hai un problema non para ata que o resolve. É unha traballadora incansable que nunca se da por vencida. Espero e desexo que continúe de alcaldesa moitos anos porque realmente Camariñas necesita xente preparada e comprometida como a nosa Sandra.

A todos os que están lendo esta entrevista dilles unha última frase para animalos a votar pola nosa candidatura
Como dixen ao principio desta entrevista, os socialistas de Camariñas déronlle un cambio trascendental a Camariñas e por eso hai que seguir apoiando a esta candidatura renovada pero que ten o mesmo obxetivo que todas as anteriores, mellorar Camariñas.

Descarga o programa completo do PSdeG-PSOE de Camariñas

Un programa electoral no que poderás comprobar gran parte dos traballos realizados máis importantes dos derradeiros 4 anos así como tamén os proxectos que queremos desenrolar durante a lexislatura 2019-2022

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *