Entrevista a Santiago Martínez Roa, candidato pola Ponte do Porto do PSOE de Camariñas

Entrevista a Santiago Martínez Roa, candidato pola Ponte do Porto do PSOE de Camariñas

Este luns comezábamos a quenda de entrevistas de todos os candidatos da lista electoral con Noelia Lema Bouzas, e hoxe tócalle o turno a un dos representantes que a Ponte do Porto ten na nosa candidatura. Trátase de Santiago Marínez Roa, un xoven pai dunha nena e dun neno, nacido no ano 1985 e que traballa de maquinista offset nunha imprenta despois de estudar o Cliclo Medio de . Aquí vos deixamos o que Santiago nos contou sobre a súa nova incorporación na política municipal.

Bos días Santi, comezamos a entrevista coa primeira pregunta ¿Cal foi o motivo para poñerte na política municipal ?
O meu motivo non foi outro que a chamada da nosa alcaldesa Sandra Insua para ir con ela nas listas e axudar o concello de Camariñas a seguir crecendo. En menos de dous minutos xa lle contestei que iba ir con ela porque desde que teño uso de razón as miñas ideas eran progresitas e de futuro, e agora máis porque teño dous fillos nos que pensar. Unha curiosidade que me gustaría engadir foi cando tiña 18 anos e era a primeira vez que votaba. Non tiña nin idea como era o sistema de votacións así que acerqueime ao Centro Cultural da Ponte do Porto para votar nas municipais que daquela estaba o señor Bautista Santos de candidato, e co meu voto do PSOE na man esperei na cola. Fixeime que había dúas urnas e nunha delas estaban os interventores e apoderados do PSOE e noutra os do PP. Cando chegou o meu turno xa estaba eu escorado para a urna onde estaban os do PSOE e de repente alguén me indica que polo meu apelido tocábame votar na urna onde estaban os do PP. Eu, como aínda non entendía moi ben cal era o sistema, collín e díxenlle que eu ahí negábame a facélo, que a eses do PP non os votaba…. Xa empezou a xente a rirse da situación e nese momento acercouse Sandra a min e explicoume como era a forma de votar e xa puden facelo máis tranquilo 😂😂

¿Como ves o Concello de Camariñas a dia de hoxe despois de tantos logros por parte dos diferentes gobernos socialistas?
O concello vexoo moi ben fixose moito e todo o mundo ve o traballo que se desenrolou ao longo dos anos polos diferentes gobernos socialistas. Cando un partido leva tantos anos gobernando e os cidadans elíxeno nas urnas unha e outra vez algo se estará a facer ben. A xente sabe ben quen é o que traballa a prol de toda a cidadanía e quen non, por eso leva o PSOE tantos anos gobernando o Concello de Camariñas.

¿Que cres que necesita o noso concello para afrontar o futuro?
Sinceiramente, para o futuro necesita crecer como hasta ahora o fixo con todos os proxectos importantes realizados e cos que temos xa no noso programa electoral. Temos retos moi importantes que afrontar xuntos, pero sobretodo o máis importante e que nos leva a alma, é tratar de conseguir que a nosa xuventude poda vivir e traballar dignamente no seu concello sen ter que recurrir á emigración. Ese é o gran obxectivo que Sandra nos inculca en cada reunión, cada mensaxe de whatsapp… pero sempre sen olvidarnos dos nosos maiores e das xentes máis necesitadas, que para eso temos uns servizos sociais de primeira categoría gracias aos Socialistas de Camariñas.

¿Como pode resolver estas necesidades o programa do PSOE de Camariñas ?
Hai que sacar adiante o noso programa electoral como sexa para que estas necesidades dos nosos cidadáns sexan cubertas totalmente. Se nestas eleccións saímos elexidos pola cidadanía do concello teremos todo o apoio do goberno central de Pedro Sánchez para afrontar este reto. E se conseguimos que a Xunta de Galicia estea presidida polo socialista Gonzalo Caballero teremos todo o apoio necesario para lograr mellorar a vida dos nosos veciños. O goberno de Pedro Sánchez no Congreso dos Deputados xa é unha realidade. Tan só falta que nos dean a confianza en Camariñas e en Galicia para que todo este proxecto sexa unha realidade.

¿Que vas propoñer para a tua parroquia ?
A Ponte do Porto necesita recuperar esa gran feira comarcal de anos atrás. Esa sería unha gran noticia para o desenrolo definitivo do noso pobo e volveríamos a coller a vitalidade comercial de antaño que agora necesitamos recuperar. Unha piscina municipal para que todo o concello se beneficie desta infraestructura tan beneficiosa para a saúde dos nosos veciños. Pero tamén necesitamos preocuparnos das cousas pequenas e do día a día, como son a limpeza das rúas, arreglar as calzadas e aceras que estean en mal estado ou limpar as malezas polos camiños como a ruta dos muiños e poñela en valor. Tamén temos que dicir que estamos abertos a toda a participación cidadá tal e como o podedes ver nesta mesma páxina, na cal todos os cidadáns que o desexen teñen a oportunidade de propoñer ideas para que as incluamos próximamente no noso programa electoral.

¿Como definirías a candidatura da cal formas parte?
A verdade é que nunca pensei de coñecer a tanta xente boa dun tirón como a que tiven a sorte de coñecer neste grupo humano. Dende o primeiro ata o último a candidatura do PSOE de Camariñas é un equipo de grandes persoas donde se conbina a xuventude coa veteranía conformando entre todos un grupo moi cualificado para gobernar o concello e axudar aos cidadáns en todo o que necesiten. Sempre con humildade, traballo e sacrificio, que é como se consiguen sempre as cousas.

¿Que nos poderias dicir da nosa candidata e Alcaldesa Sandra Insua Rial ?
De Sandra Ínsua pouco teño que decir que non sepan xa tódolos veciños do concello e tamén fora del. É a persona máis indicada do concello para levar a Camariñas ao máis alto co seu compromiso e cercania que ten ca xente. Na súa carta a todos os veciños publicada nesta mesma web xa podedes ver a calidade humana de Sandra en unhas poucas lineas. Eu estou totalmente convencido de que será a mellor alcaldesa da historia de Camariñas, e tendo en conta os antecedentes de alcaldes históricos que temos con Bautista e Pichurri iso é moito dicir.

A todos os que están lendo esta entrevista dilles unha última frase para animalos a votar pola nosa candidatura
Simplemente dicirlles a todos os veciños que estean lendo esto que a única maneira de que o Concello de Camariñas siga crecendo e teña un futuro mellor é votando o PSOE de Sandra Insua. Non vos defraudaremos.

Descarga o programa completo do PSdeG-PSOE de Camariñas

Un programa electoral no que poderás comprobar gran parte dos traballos realizados máis importantes dos derradeiros 4 anos así como tamén os proxectos que queremos desenrolar durante a lexislatura 2019-2022

1 thought on “Entrevista a Santiago Martínez Roa, candidato pola Ponte do Porto do PSOE de Camariñas”

  1. A miña humilde opinión e que o tema da piscina nom o vexo moi viable, outro tema seria intentar ter un transporte económico para desplazarse a piscina de cee. ¿De que maneiras vamos a crear empleo para o noso pueblo?

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *