Gonzalo Caballero pechará os seus actos no mitin do PSOE de Camariñas

Gonzalo Caballero pechará a campaña electoral das municipais de Galicia en Camariñas este venres 24 de maio

Non podía ser doutro xeito porque Camariñas é un dos referentes máis importantes para o socialismo galego. Estamos en condicións de confirmar que o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE e candidato á presidencia da Xunta de Galicia Gonzalo Caballero, pechará os seus actos oficiais de campaña electoral en Galicia na vila de Camariñas. Será este un gran espaldarazo á nova candidatura así como un recoñecemento a todos os protagonistas da historia do lexendario socialismo camariñán por parte do home que moi probablemente presidirá a Xunta de Galicia próximanente.

O mitin festa, que tamén pechará a campaña electoral no Concello de Camariñas, comezará a partires das 21:30 horas deste venres 24 de maio e será celebrado no Pavillón Municipal de Camariñas, onde se prevé un cheo histórico para apoiar á candidatura do PSOE de Camariñas. Ademáis da asistencia do secretario xeral dos socialistas de Galicia, contaremos coa presencia de toda a candidatura do PSOE de Camariñas, dos cales terán todos terán o seu turno de palabra.

E como en todos os mitins desta intensa campaña electoral 2019, ao finalizar o mitin teremos a oportunidade de compartir con todos os asistentes uns aperitivos acompañados de un groliño e un pouco de música para celebrar o fin de campaña. Estades todos convidados, esperámosvos a todos.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *