Os tres alcaldes de Camariñas con Gonzalo Caballero, Secretario Xeral do PSdeG-PSOE

Preto de 500 persoas no mitin-festa do PSOE de Camariñas

Multitudinario mitin coa presencia de preto de 500 persoas que se deron cita na noite de hoxe no Pavillón O Areal para demostrar que o PSOE de Camariñas conserva todo o potencial de antaño. E aínda tendo en conta o hándicap de presentar unha candidatura totalmente renovada moito máis. Despois dunha campaña electoral na que os demáis partidos en liza centraron as súas propostas tan só na crítica inxusta e gratuita ao PSOE de Camariñas, chegou o turno do mitin-festa do PSOE e desvaratou todo o traballo de difamación destes adversarios. E é que finalizar a túa campaña electoral na capital municipal, coa presentacia de Gonzalo Caballero ante preto de 500 persoas é unha carta de finiquito para moitos aspirantes ao título. Aínda así dende a familia do PSOE de Camariñas temos que estar alerta e tratar de non relaxarse para este domingo 26 de maio levar en volandas a nosa candidata Sandra Ínsua Rial hacia unha nova e amplia maioría absoluta.

O pobo de Camariñas deixou claro na noite deste venres 24 de maio que o PSOE ten moitas posibilidades de ampliar a súa maioría absoluta

No mitin desta noite, que comezaba moi puntual, dábasanse cita moitos dos primeiras espadas do Socialismo Camariñán de anos anteriores, de hoxe en día e sobretodo do futuro máis inmediato. No Municipal de Camariñas poidemos ver ao exalcalde Pichurri acompañado da súa familia e algúns dos seus concelleiros que animaron aos novos membros da lista electoral. Tamén estaba presente o exalcalde Bautista Santos arroupando a candidata que comezou en política nun dos seus mandatos, estaba Bautista acompañado de outros antigos militantes do partido que leva camiño de 40 anos gobernando ininterrumpidamente o Concello de Camariñas. E tamén, como non, a toda a renovada lista electoral do PSOE de Camariñas que foi arroupada por centos de Camariñáns que se daban cita no mitin-festa do lexendario Socialismo Camariñán. Un espectáculo grandioso que tivo a guinda coa chegada do futuro presidente da Xunta de Galicia Gonzalo Caballero, que demostrou unha vez máis o seu cariño á Costa da Morte e a Camariñas en particular pechando os seus actos de campaña destas eleccións na Vila das Palilleiras.

Sandra Ínsua flanqueada por Bautista e Pichurri, os míticos alcaldes do PSOE
Sandra Ínsua flanqueada por Bautista e Pichurri, os míticos alcaldes do PSOE

Comezaba o mitin a Secretaria de Educación do PSOE de Camariñas Maira Mouzo Canosa que, despois dunha bonita introducción lembrando todos os alcaldes e concelleiros do PSOE de Camariñas así como a lectura dunha carta moi especial, esta presentaba á número 3 da lista e Secretaria Xeral do PSOE de Camariñas Encarna Liñeiro Pouso. Antes de comezar o descurso de Encarna, foi proxectado ese vergonzante video no que se podía ver a traca de bombas que varios individuos moi vinculados ao PP de Camariñas encargaron para celebrar a recente dimisión do exalcalde Pichurri. Momento no que os presentes recoñecían cun aplauso a Pichurri que fora durante estes derradeiros 16 anos alcalde de Camariñas. Acto seguido a Secretaria Xeral e candidata número tres da lista tiña palabras para toda a candidatura especialmente para Sandra Insua Rial finalizando coa proxección dun emotivo video que a familia de Sandra lle adicou. Non acababan aquí as emocións xa que tomaba a palabra o irmán da alcaldesa en funcións que volvía a conmover a todos os asistentes a este mitin.

E chegaba o momento de presentar a todos e cada un dos candidatos desta lista electoral do PSOE de Camariñas que subían ao estrado presentados por Encarna Liñeiro. Como curiosidade dicir que cando o número 9 subía ao estrado sonou na súa honra a canción da Danza de Arcos de Camariñas, ante o aplauso xeralizado do público. Con todos os membros da candidatura no estrado, comezaban as intervencións de Lara Pasantes Campaña e Fabián Canosa Pasantes que foron recoñecidos con sendas ovacións do graderío.

Encarna Liñeiro e Fabián Canosa ante os máis de 500 camariñáns presentes no mitin do PSOE
Encarna Liñeiro e Fabián Canosa ante os máis de 500 camariñáns presentes no mitin do PSOE

E non podía rematar a noite sen que a nosa candidata Sandra Ínsua Rial subira ao palco a dirixirse aos máis de 600 camariñáns que se apelotonavan no Pavillón O Areal. A candidata do PSOE de Camariñas tivo palabras de agradecemento a tantos socialistas que a precederon como os alcaldes Bautista e, principalmente, Pichurri co cal compartíu máis dunha década de tenente de alcalde xunto a él e do cal tanto aprendíu.

Para rematar tomaba a palabra o Secretario Xeral do PSOE galego Gonzalo Caballero, que pechaba a campaña dos socialistas galegos en todo un feudo inexpugnable do socialismo galego como Camariñas. Caballero, arroupando deste xeito sen precedentes a unha candidatura dun pequeno pobo da Costa da Morte como Camariñas, tivo palabras de eloxio por esta magnífica campaña realizada dende o PSOE da vila dos encaixe e lembrou que, se chega a presidir próximamente a Xunta de Galicia, chegarán inmediantamente para Camariñas todos esas obras que sectariamente bloquea a Xunta de Galicia.

Finalmente o mitin final de campaña en Galicia do PSdeG-PSOE chegaba ao seu fin cunha gran foto de familia de toda a candidatura, os míticos alcaldes como Pichurri e Santos con Gonzalo Caballero cos máis de 500 asistentes de fondo que augura un gran éxito do PSOE este domingo 26 de maio de 2019. A votar!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.