A Camariñas que queres /♥

/ Servizos sociais

– Construiremos un Centro de Día
– Seguiremos aumentando os Servizos de Axuda no Fogar e Xantar na casa
– Colaboraremos cos centros educativos e as forzas de seguridade para prever a drogodependencia e a violencia
– Demandaremos o servizo de comedor para a Galiña Azul

/ urbanismo

– Seguiremos construíndo rúas con todos os servizos e máis accesibles
– Aumentaremos as zonas verdes e parques municipais
– Aprobaremos definitivamente un Plan Histórico acorde ás necesidades dos veciños
– Demandaremos a chegada da fibra óptica para toda as vivendas e negocios do Concello

/ Cultura e deporte

– Demandaremos a cesión dos terreos da lonxa vella para construír o Auditorio do Mar
– Construiremos unha Casa da Cultura en Ponte do Porto
– Seguiremos apoiando ás nosas comisións de festas e ao resto de asociacións e clubes
– Melloraremos as actividades náuticas, incrementando a súa oferta
– Organizaremos unha gala do deporte, para homenaxear aos nosos deportistas
– Coordinaremos cos concellos da Costa da Morte unha rede deportiva para acadar un circuíto BTT, andainas, carreiras e demáis probas deportivas

/ TURISMO E MEDIO AMBIENTE

– Seguiremos traballando para posicionar Camariñas como destino turístico
– Demandaremos apoio autonómico para mellorar a pista de Reira cun pavimento máis duradeiro e colaboraremos coa Asociación Camiño dos Faros
– “Camariñas, o mar todo”, co fin de amosar o excelente produto da nosa ría.
– Aprobaremos un plan de limpeza e mantemento municipal das nosas rúas, parques e demáis equipamentos públicos
– Continuaremos mellorando a rede de abastecemento de auga, e levaremos a rede de saneamento a onde todavía non chega
– Remataremos a substitución de farolas a led

/ Encaixe

– Acadaremos o galardón de Festa Nacional de Interese Turístico e traballaremos para conseguir o galardón internacional e a marca de calidade
– Continuaremos apoiando ás nosas palilleiras e axudándolles a achegar o Encaixe de Camariñas a distintos mercados
– Impulsaremos aínda máis a escola de palillo e incluiremos píldoras formativas sobre deseño e moda
– Renovaremos o Museo do Encaixe e elaboraremos un proxecto museístico de futuro

/ Emprego

– Apoiaremos as iniciativas privadas e solicitaremos o apoio da Administración central e autonómica para dotar ao noso concello do necesario chan industrial
– Apoiaremos toda iniciativa que estea relacionada ca produción do noso, é dicir, produtos do noso mar, agricultura e Encaixe de Camariñas
– Facilitaremos as xestión necesarias para abrir negocios no Concello de Camariñas
– Seguiremos mellorando e apoiando a rede de comercio

A Camariñas que queres /♥

/ CAMARIÑAS

– Demandaremos a construción do paseo marítimo da Area da Vila á Carnicería e a terceira fase da fachada marítima
– Construiremos a praza de San Xurxo
– Pavimentaremos as rúas Ramón Nogueira, Vulcano e Lago
– Acondicionaremos o mirador do Castelo e renovaremos as súas beirarrúas, así como as da Estrada do Vilán
– Acometermos melloras no Parque Infantil e crearemos un novo parque e un polideportivo descuberto

/ XAVIÑA

– Demandaremos o saneamento integral de Xaviña
– Renovaremos o parque da Igrexa, instalaremos un aseo e xogos para maiores
– Faremos unha beirarrúa desde Tasaraño ao Pedouso polo interior, e pavimentaremos a Grela, Agra de Bouzas, Agramar, Brañas Verdes e Santa Mariña
– Solicitaremos á Xunta de Galicia a escola de Xaviña para darlle un uso que beneficie a todo o pobo
– Pavimentaremos a pista da Grela, da Agra de Bouzas, Agramar, Santa Mariña e Brañas Verdes

/ PONTE DO PORTO

– Demandaremos a segunda fase do paseo marítimo e a senda fluvial da Xunqueira
– Construiremos beirarrúas entre o Allo e Xarás, en Curros e pavimentaremos as rúas (Alto do Penedo, Linares, Insua, Pesqueira, Pías, Xunqueira, Lugar de Xarás, Allo e Dor) e reurbanizaremos as prazas de San Roque e do Outeiro
– Instalaremos herba artificial no Campo de Fútbol Municipal da Grixa e dotarémolo dun aparacoiro ao lado do cemiterio
– Construiremos unha Casa da Cultura

/ CAMELLE

– Demandaremos as beirarrúas en Camelle de Arriba e a cesión da Casa do Mar
– Pavimentaremos as rúas transversais á rúa Flaire e os accesos ao paseo marítimo
– Construiremos unha pista polideportiva cuberta e cubriremos o parque infantil fronte ao colexio
– Melloraremos o abastecemento de auga no Canaval e recuperaremos a calidade da auga na praia 

/ AROU

– Crearemos unha área recreativa, unha pista polideportiva e unha nova zona de aparcamento para seguir mellorando a praia
– Construiremos unha senda peonil a Lobeiras
– Pavimentaremos a rúa de Arriba, a Agra do Muíño, a rúa de Rocheira e a rúa Rozas
– Ampliaremos o vial de Camelle a Arou pola costa

Descarga o programa completo do PSdeG-PSOE de Camariñas

Un programa electoral no que poderás comprobar gran parte dos traballos realizados máis importantes dos derradeiros 4 anos así como tamén os proxectos que queremos desenrolar durante a lexislatura 2019-2022