Municipais 2019

Candidatura eleccións municipais 2019 PSdeG-PSOE de Camariñas

O PSOE dobla en votos ao PP, Gracias Camariñas

O Partido Socialista de Camariñas gañou as eleccións municipais 2019 cunha abrumadora maioía absoluta. Casi 1000 votos de ventaxa lle sacou o PSOE de Camariñas ao PP. A pesares de que a campaña electoral foi durísima para nos cunha oposición centrada na contínua crítica e nas descalificacións persoais máis burdas, dende o noso grupo humano …

O PSOE dobla en votos ao PP, Gracias Camariñas Read More »

Os tres alcaldes de Camariñas con Gonzalo Caballero, Secretario Xeral do PSdeG-PSOE

Preto de 500 persoas no mitin-festa do PSOE de Camariñas

Multitudinario mitin coa presencia de preto de 500 persoas que se deron cita na noite de hoxe no Pavillón O Areal para demostrar que o PSOE de Camariñas conserva todo o potencial de antaño. E aínda tendo en conta o hándicap de presentar unha candidatura totalmente renovada moito máis. Despois dunha campaña electoral na que …

Preto de 500 persoas no mitin-festa do PSOE de Camariñas Read More »

Sandra Ínsua Rial, candidata do PSOE á alcaldía do Concello de Camariñas

Dous minutos con Sandra Insua, candidata á alcaldía do PSOE de Camariñas

E por fin chega o turno de palabra na nosa web para Sandra Ínsua Rial, a candidata do PSOE de Camariñas á alcaldía nestas decisivas Eleccións Municipais 2019. Seguindo o rumbo marcado polo número dous da lista Fabián Canosa, a nosa candidata quixo darlle a volta ao formato das entrevistas á lista electoral dos Socialistas de Camariñas e facelo máis interactivo. Con esta intención Sandra enviounos un precioso video no que en tan só dous minutos resume o porque do trascendental destas votacións a alcaldía de Camariñas. Porque como xa todos coñecedes a nosa candidata e xa tiñamos a reportaxe que ela mesmo nos enviara da súa vida pois que mellor que nos explique todo o proxecto que o PSOE de Camariñas ten preparado para afrontar un futuro próspero para o noso concello. Porque, tal e como dixera ela mesma nun dos moitos mitins desta campaña electoral 2019 en Camariñas, co goberno de Pedro Sánchez en Madrid, tan só ten que levantar o teléfono desde a vila das palilleiras para que calqueira dos cargos do goberno socialista de España se poña mans á obra para solucionar os problemas do noso concello. E outro tanto sucederá en breve cando, tal e como pronostican todas as enquisas, o noso compañeiro Gonzalo Caballero sexa proclamado polo Parlamento de Galicia como Presidente da Xunta. E para evidenciar isto que estamos dicindo de mostra vos vamos a dar tan só un botón: o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE rematará a campaña electoral dos socialistas galegos non na capital en Santiago, nin tan siquera en Vigo ou na Coruña, se non que o fará en Camariñas. Algún dos partidos políticos que se presentan en Camariñas poden dicir o mesmo? Pois non, aquí está claro que quen ve e atende as necesidades da Costa da Morte e de Camariñas como se dunha cidade de primeiro nivel se tratara é o PSOE tanto de Gonzalo Caballero como dos anteriores secretarios socialistas que, sempre que tiveron oportunidade volven a Camariñas unha e outra vez. Deixámosvos xa co video resumo que a candidata á Alcaldía de Camariñas polo PSOE Sandra Ínsua Rial.

De todos os partidos que se presentan no noso concello, tan só o PSOE de Camariñas é quen de traer ao seu mitin de peche de campaña a Gonzalo Caballero, Secretario Xeral do PSdeG e candidato á presidencia da Xunta de Galicia. Para o resto de partidos, simplemente os veciños do Concello de Camariñas non existen

Fabián Canosa, candidato por Camariñas do PSOE

Carta de Fabián Canosa aos veciños do Concello de Camariñas

Hai uns meses que se estreaba un orixinal video promocional creado polo noso concello chamado “Eu Son Camariñas” no que ben podería participar o protagonista da nosa entrevista de hoxe. Él chámase Fabián Canosa Pasantes, nacido en 1989 e veciño de Buría que se presenta como número 2 na lista electoral do PSOE de Camariñas. …

Carta de Fabián Canosa aos veciños do Concello de Camariñas Read More »

Gonzalo Caballero pechará os seus actos no mitin do PSOE de Camariñas

Gonzalo Caballero pechará a campaña electoral das municipais de Galicia en Camariñas este venres 24 de maio

Non podía ser doutro xeito porque Camariñas é un dos referentes máis importantes para o socialismo galego. Estamos en condicións de confirmar que o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE e candidato á presidencia da Xunta de Galicia Gonzalo Caballero, pechará os seus actos oficiais de campaña electoral en Galicia na vila de Camariñas. Será este un …

Gonzalo Caballero pechará a campaña electoral das municipais de Galicia en Camariñas este venres 24 de maio Read More »

Presentación da candidatura 2019 do PSOE de Camariñas

Video da presentación da candidatura 2019 do PSOE de Camariñas

Hoxe queremos presentarvos na nosa web o video que proxectamos na presentación da nosa candidatura e en todos os mitins do PSOE de Camariñas. Pero queremos lebrar especialmente eese acto de presentación celebrado o 26 de abril deste ano, no cal estivemos acompañados do Presidente da Deputación da Coruña Valentín González Formoso. Antes que a Secretaria Xeral Encarna Liñeiro se dirixise a todos os preto de 400 persoas de todo o concello, foi proxectado este video musical que arrincou os espontáneos aplausos do público ao ritmo dunha famosa canción. Con este artigo queremos lembrar ese día no que esta candidatura se puxo de largo para a súa estrea, unha xornada especial chea de alegría e esperanza que nos gustaría compartir con todos os que non pudéstedes asistir no seu momento.

Mitin do PSOE de Camariñas en Xaviña

Xaviña, sempre socialista, arroupa á candidatura do PSOE de Camariñas

Gran acollida a que lles brindou onte os veciños e veciñas de Xaviña a esta nova candidatura do PSOE de Camariñas no mitin celebrado este domingo 19 de maio na mítica Casa da Sociedá de Xaviña. E é que estamos a falar da parroquia socialista por antonomasia. Daba comezo o acto coma sempre cos videos …

Xaviña, sempre socialista, arroupa á candidatura do PSOE de Camariñas Read More »

Entrevista a Germán Camiño Mouzo, candidato por Arou do PSOE de Camariñas

Hai alguén en todo o concello que non coñeza a Germán de Arou? Nos, sinceiramente, cremos que non. Este home leva en política e desvivíndose polo seu pobo de Arou dende os anos noventa e desta volta regresa como número 6 da lista electoral do PSOE de Camariñas tomando o relevo da gran concelleira Gemma …

Entrevista a Germán Camiño Mouzo, candidato por Arou do PSOE de Camariñas Read More »

Entrevista a Lara Pasantes Campaña, candidata por Camariñas polo PSOE

Entrevista a Lara Pasantes Campaña, candidata por Camariñas do PSOE

Continuamos a nosa serie de entrevistas con outra camariñana que se une á lista electoral do PSOE de Camariñas como número 7 da candidatura. Ela chámase Lara Pasantes Campaña e é unha experimentada palilleira e unha nai emprendedora nacida un 29 de outubro de 1987. A pesar da súa xuventude, temos diante a unha muller …

Entrevista a Lara Pasantes Campaña, candidata por Camariñas do PSOE Read More »